Moitas grazas a Alba Ojea polo súa fantástica charla-obradoiro aos alumnos de 4º da ESO sobre a importancia da intelixencia emocional.
Dun xeito moi ameno e inspirador, Alba foi quen de emocionarnos coas súas palabras e varios retos que nos axudaron a comprender os elementos deste tipo de intelixencia: o autocoñecemento, o autocontrol, a automotivación, a empatía e as relacións interpersoais.
Encantounnos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario