Onte
pola mañá a clase de 5º de primaria contou coa visita da ilustradora
compostelá, Minia Regos, que lles explicou varios dos segredos para comezar a
ilustrar.
Ter
lápiz e papel non é suficiente…Minia explicounos a importancia de ser creativo,
de manexar as liñas, a cor e as formas e de aprender dos demais, en especial
dos grandes artistas.
Tamén nos contou cales foron as fontes de inspiración dos
seus fantásticos traballos: carteis para anunciar o Día da Ilustración ou o Día
das Bibliotecas, as ilustracións de libros tan bonitos como TAC TAC TAC PLOF,
KAFKA E A BONECA VIAXEIRA ou ANTELA E O VENTO. Pódelos ver na súa páxina web.
E, por
suposto, púxonos a imaxinar e a debuxar!!
Moitas
grazas, Minia! Foi un pracer aprender de ti un ano máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario